De todo un pouco

1.2.07

A nosa viaxe de fin de curso



O día 22 de Marzo imos realizar unha viaxe de fin de curso co noso instituto á praia do Inglés, en Canarias.
Esta saída durará unha semana, na que faremos excursións opcionais como ir nun catamarán a nadar cos golfiños e baleas, montar en dromedario, ir visitar os pobos dos arredores, etc.
En realidade a nós gustaríanos máis ir a Barcelona, pero a maioría das persoas dicían que saía demasiado caro.
¡Aínda así pasarémolo moi ben!

Etiquetas: , ,