De todo un pouco

19.3.07

Canarias

A viaxe de fin de curso á illa das Palmas de Gran Canarias foi moi divertida. Cando chegamos do aeroporto ó hotel déronos un pícnic para cear, pois eran as tres da mañá e non coméramos nada. Máis tarde, nos dirixímos ós nosos bungalows; Nazaret e eu puxémonos xuntas na mesma habitación. Íamos fixándonos moito, pois nos enteramos de que nese hotel tiveran un problema de cascudas aínda que nós non o críamos de todo. Cando chegamos á nosa habitación, no primeiro armario que abrimos había un bote moi grande de matacascudas, o que nos fixo moita gracia.
Os días seguintes á chegada dedicámolos a coñecer a illa: índo á praia do Inglés, ó centro de ocio, ó parque de atraccións (un pouco cutre, por certo) e a visitar os pobos. Polas noites saiamos ás discotecas da zona e descubrimos unha que nos gustou moito, que por certo, quixemos levar ás nosas profesoras e déron a volta cando viron o ambiente, pois alí ó baixar do taxi que nos traía do hotel, viñan correndo centos de chicos ofrecéndonos que entráramos no seu local a cambio duns chupitos gratis. As profesoras preferiron voltar ós bungalows e esperarnos alí para cando chegáramos avisalas, pois todos os días que saiamos, tiñamos que regresar a unha hora determinada e pasar polos bungalows delas para saber que chegáramos. Os últimos días pasámolos tomando o sol na piscina do hotel e bañándonos. A verdade é que o pasamos moi ben e gustaríanos volver a repetilo!!

Etiquetas: , ,

1.2.07

A nosa viaxe de fin de curso



O día 22 de Marzo imos realizar unha viaxe de fin de curso co noso instituto á praia do Inglés, en Canarias.
Esta saída durará unha semana, na que faremos excursións opcionais como ir nun catamarán a nadar cos golfiños e baleas, montar en dromedario, ir visitar os pobos dos arredores, etc.
En realidade a nós gustaríanos máis ir a Barcelona, pero a maioría das persoas dicían que saía demasiado caro.
¡Aínda así pasarémolo moi ben!

Etiquetas: , ,