De todo un pouco

22.1.07

Actividade Audiovisual

A semana pasada iniciamos unha actividade moi entretida acompañada dun monitor. Consistía nun proxecto promovido polo Consorcio Audiovisual de Galicia no salón de actos do noso instituto. A actividade transcorreu en sete sesións nas que destacamos sobre todo os tipos de planos que aparecen nunha película: plano xeral, plano medio, plano tres cuartos e plano detalle.
O que máis nos gustou foi facer historias con fotos de revistas e así poder ver de forma máis directa os diferentes planos que hai e como se monta unha historia.
Aínda que o proxecto xa rematou quédanos unha saída pendente ó cine a ver unha película en galego.

Etiquetas: , ,