De todo un pouco

21.5.07

Unha actividade en común

Unha das actividades que temos en común é a hípica.
A ambas as dúas gustáronnos dende sempre os cabalos, e un día falando do tema decidimos apuntarnos a clases de equitación no centro ecuestre de Pinteño .
Levamos case dous meses indo os domingos durante unha hora, acompañados dunha monitora ou dun monitor (que é o propietario do picadeiro).
Normalmente déixante elixir o cabalo que queiras, pero depende moito do que saibas e se están libres ou non.
As clases distribúense así: ó principio da hora levas o cabalo a paso para acostumarte a el, despois cambias e lévalo ó trote (pode ser sentado ou levantado, segundo o indique a profesora) e por último déixante estar o resto da clase a galope, que é o que máis soe gustar.
Ó rematar ás clases, acompañados pola monitora, imos dun en un gardando os cabalos e ensínannos a quitarlles a sela e a cabezada e levalos ós establos.
Unha cousa moi graciosa é que cada cabalo ten o seu propio nome: o que leva Sonia chámase Lanzarote e o meu, Sheila. Tamén hai outros como Elvis, Pipilín, Reina, Flecha...
Este verán esperamos que nos deixen saír ó campo, pero ten que haber profesores dispostos a acompañarnos.

Etiquetas: , ,

1 Comentarios:

At 11:43, Blogger Lucía said...

A min encántame os cabalos, tamén. Estiven un ano dando clases, pero o deixei pois non tiña moito tempo. Aínda así sempre soñei con ter, de maior, unha gran finca na que poder pasear o meu propio, aínda que neste momento non creo que sexa así o meu fututo!xD
Espero que disfrutedes moito con esas clases.
Un biquiño, e pasádevos polo meu blog!

 

Publicar un comentario

<< páxina principal