De todo un pouco

16.11.06

Presentación

Ola! Benvidos ao noso blog: de todo un pouco.
Como podedes observar, este blog será compartido por dúas persoas: Sonia e eu, Nazaret. Decidimos facelo xuntas porque nos gusta moito traballar en grupo e pareceunos interesante compartir ideas e que vós as poidades compartir connosco. Ademais non nos supuxo ningún problema porque os nosos gustos son moi semellantes: os
animais, a música ou o cine.
Cabe destacar que a iniciativa de facer este blog a tivo o noso profesor de lingua galega e de técnicas de expresión escrita: Xoán.

Etiquetas: , ,