Actividade Audiovisual
A semana pasada iniciamos unha actividade moi entretida acompañada dun monitor. Consistía nun proxecto promovido polo Consorcio Audiovisual de Galicia no salón de actos do noso instituto

O que máis nos gustou foi facer historias con fotos de revistas e así poder ver de forma máis directa os diferentes planos que hai e como se monta unha historia.
Aínda que o proxecto xa rematou quédanos unha saída pendente ó cine a ver unha película en galego.
Etiquetas: actividade, cine, instituto