De todo un pouco

14.6.07

Xa chegou o final

Quedan poucos días para rematar o curso e que comece o verán, aínda que aún quédannos catro exames por facer, pero xa son máis relaxados. A verdade e que temos ganas de que cheguen as vacacións e de rematar, a pena é que moitos da nosa clase iranse para facer un ciclo medio e non voltaremos a velos no instituto, pero esperamos velos fóra.
Outra das cousas que vamos botar de menos é o noso blog; Sonia e eu temos pensado seguir escribindo nel aínda que moitas das entradas que fagamos seguramente xa non serán compartidas, pois xa non teremos ésta clase.
Ámbalas dúas pensamos que foi unha boa experiencia, xa que compartimos convosco os nosos gustos e opinións.
Esperamos voltar a escribiros cedo e que vós sigades acudindo ó noso blog cando queirades!

Etiquetas: , ,